miércoles, 29 de abril de 2020

Actividades - Sesión 3

Esta sesión está deseñada para realizarse o xoves 7 de maio, e tamén está composta por dúas actividades. A primeira, coma de costume, é na zona da asemblea e a seguinte farase no recanto do teatro, xa que temos unha parede baleira na que podemos realizar a actividade. Ambas realizaranse en gran grupo:

Actividade 6
Desenvolvemento
En asemblea, faremos a recollida da información obtida na casa e a poremos en común entre todos e todas. Se traen fotos, empregarémolas para facer comparación temporais do estado da Illa no pasado e na actualidade.
Obxectivos
  • Desenvolver a actividade científica: procura, selección e comunicación de información.
  • Desenvolver no alumnado o sentimento de vinculación e pertenza ao territorio.
  • Localizar e empregar a información obtida de distintas fontes e soportes.
  • Exercitar a capacidade de observación e análise.
  • Ler e comprender diversos textos relacionados coa temática.
  • Manexar diversas ferramentas dixitais.
  • Comprender o concepto de orde temporal
Temporalización
30 minutos
Materiais
A pizarra e os documentos que poida aportar o alumnado.


Actividade 7
Desenvolvemento
A partir de toda a información que temos, faremos un teatro de sombras para pór en común todo o que xa sabemos e que tamén servirá como repaso.
Obxectivos
  • Desenvolver no alumnado o sentimento de vinculación e pertenza ao territorio.
  • Empregar as posibilidades que ofrece a expresión corporal para representar ideas, feitos e sentimentos.
Temporalización
20 minutos
Materiais
Os propios corpos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario