miércoles, 6 de mayo de 2020

Noraboa exploradores!

Benvidos un día máis compañeiras e compañeiros!

Agora que xa superastes esta gran aventura que supuxo explorar e coñecer a Illa de Ons, a nosa amiga Ondina, para dar a noraboa ós exploradores e agradecer a axuda que lle brindastes, preparou esta sorpresa para os máis pequenos e pequenas! 😮

 
Este diploma é para recoñecer o duro traballo de todo o alumnado durante o transcurso destas semanas. Podedes descargalo aquí, seguro que lles vai facer moitísima ilusión!!  

E agora sí, chegou o momento de despedirnos, esperamos que o noso traballo vos servise de axuda ou inspiración para os vosos propios proxectos. Nos aprendemos moitas cousas novas durante a elaboración do proxecto e deste blog, tanto no referente as ciencias sociais, ó uso das TIC, e demáis competencias educativas, como sobre a historia e cultura da Illa. 
Grazas unha vez máis por lernos e acompañarnos. 
Ata a próxima! 😙




Avaliación


Bos días exploradores e exploradoras, aquí nos vemos unha semana máis!

Nesta última entrada mostrarémosvos a rúbrica que seguimos nós coma profesoras para avaliar ós máis pequenos e pequenas neste proxecto. Como poderedes observar a continuación, nela móstranse as actividades e comportamentos que eliximos para avaliar, os criterios que imos empregar segundo os progresos que realicen as nenas e os nenos na súa elaboración e por último o porcentaxe equivalente de cada unha na puntuación total. Se vos gusta, podédela descargar aquí!



Por outra banda, tamén elaboramos unha rúbrica a modo de ficha para que as crianzas nos avalíen a nós mesmas e as actividades realizadas. É moi fácil de empregar pois está deseñada para empregar o sistema de iconas que actualmente tódolos nenos e tódalas nenas coñecen e empregan a diario. Pódese descargar aquí.



E ata aquí o noso proxecto sobre o paraíso que son as Illas Ons. Esperamos e desexamos servirvos de axuda e que disfrutarades e vos divertiseis tanto coma nós. Ogallá aprendérades moito. Ondina está moi contenta e agradécevos a vosa colaboración e implicación.
Seguimos léndonos!
Un saúdo!

miércoles, 29 de abril de 2020

Actividades - Sesión 8

A presente sesión deseñouse para ser implementada o venres 15 de maio e está composta de dúas actividades. A primeira actividade é unha saída que se realizará en gran grupo no exterior do centro escolar, e a segunda realizarase no recuncho da asemblea, ao voltar da saída e tamén será en gran grupo:


Actividade 19 
Desenvolvemento
Saída de campo á Illa de Ons, onde disfrutaremos dunha visita guiada por tódolos Bens e lugares de interese. O noso guía será Cesáreo, posto que coñece perfectamente o lugar.
Obxectivos

  • Desenvolver a actividade científica: procura, selección e comunicación de información. 
  • Desenvolver no alumnado o sentimento de vinculación e pertenza ao territorio.
  • Descubrir, valorar e fomentar a conservación dos bens patrimoniais e naturais do parque nacional da Illa de Ons.
  • Exercitar a capacidade de observación e análise.
  • Empregar as posibilidades que ofrece a expresión corporal para representar ideas, feitos e sentimentos.
Temporalización
4 horas
Materiais
Non se precisan


Actividade 20

Desenvolvemento
O alumnado deberá realizar un cuestionario interactivo sobre tódolos aprendizaxes adquiridos ao longo deste proxecto. Este cuestionario serviranos para avaliar a aprendizaxe dos nenos e nenas así como o cumprimento dos obxectivos propostos.
Obxectivos

  • Localizar e empregar a información obtida de distintas fontes e soportes.
  • Ler e comprender diversos textos relacionados coa temática. 
  • Manexar diversas ferramentas dixitais.
Temporalización
15 minutos
Materiais
Ordenador, pizarra dixital, cuestionario interactivo.


A continuación engadimos o cuestionario final, pertencente á actividade 20: 






E ata aquí a nosa proposta de actividades. Esperamos que vos foran de axuda e que aprenderades moitas cousas sobre esta fermosa illa. Grazas a todos e todas! E grazas tamén a Ondina por axudarnos coas actividades.

Ata a próxima semana!

Lémonos!


Actividades - Sesión 7

Esta sesión deseñouse para realizarse o xoves 14 de maio e está composta por dúas actividades. A primeira actividade realizarase na asemblea, onde explicaremos a fauna presente de Ons. A seguinte actividade faremola en gran grupo no recanto de creacións artísticas:

Actividade 17 
Desenvolvemento
Explicarémoslle ó alumnado cal é a fauna que se atopa en Ons e tamén lla mostraremos para que vexan como é. 
Obxectivos
  • Desenvolver a actividade científica: procura, selección e comunicación de información.
  • Desenvolver no alumnado o sentimento de vinculación e pertenza ao territorio.
  • Descubrir, valorar e fomentar a conservación dos bens patrimoniais e naturais do parque nacional da Illa de Ons.
  • Localizar e empregar a información obtida de distintas fontes e soportes.
  • Exercitar a capacidade de observación e análise.
Temporalización
20 minutos
Materiais
ordenador, proxector, pizarra dixital.


Actividade 18
Desenvolvemento
Nesta actividade seguiremos enchendo o mural anterior pero esta vez pegarémoslle todo o referente á fauna.
Obxectivos
  • Desenvolver no alumnado o sentimento de vinculación e pertenza ao territorio.
  • Descubrir, valorar e fomentar a conservación dos bens patrimoniais e naturais de parque nacional da Illa de Ons.
  • Localizar e empregar a información obtida de distintas fontes e soportes.
  • Empregar as posibilidades que ofrece a expresión plástica para representar ideas, feitos e sentimentos.
Temporalización
40 minutos
Materiais
plantillas da fauna, ceras, rotuladores, lápis de cores, velcro.

Actividades - Sesión 6

A presente sesión deseñouse para ser implementada o martes 12 de maio e consta de dúas actividades. Ambas as dúas serán en gran grupo, tendo lugar a primeira no recanto da asemblea e a segunda no recanto de creacións artísticas:

Actividade 15 
Desenvolvemento
Explicarémoslle ó alumnado cal é a fauna que se atopa en Ons e tamén lla mostraremos para que vexan como é. 
Obxectivos
  • Desenvolver a actividade científica: procura, selección e comunicación de información.
  • Desenvolver no alumnado o sentimento de vinculación e pertenza ao territorio.
  • Descubrir, valorar e fomentar a conservación dos bens patrimoniais e naturais do parque nacional da Illa de Ons.
  • Localizar e empregar a información obtida de distintas fontes e soportes.
  • Exercitar a capacidade de observación e análise.
Temporalización
20 minutos
Materiais
ordenador, proxector, pizarra dixital.


Actividade 16
Desenvolvemento
Entre todos e todas faremos un mural e o encheremos pegándolle plantillas feitas sobre a flora da illa.
Obxectivos
  • Desenvolver no alumnado o sentimento de vinculación e pertenza ao territorio.
  • Descubrir, valorar e fomentar a conservación dos bens patrimoniais e naturais de parque nacional da Illa de Ons.
  • Localizar e empregar a información obtida de distintas fontes e soportes.
  • Empregar as posibilidades que ofrece a expresión plástica para representar ideas, feitos e sentimentos.
Temporalización
40 minutos
Materiais
plantillas da fauna, ceras, rotuladores, lápis de cores, velcro.

Actividades - Sesión 5

Esta sesión está pensada para levarse a cabo o luns 11 de maio e consta de dúas actividades. Ambas actividades realizaranse de xeito grupal no recanto da asemblea:


Actividade 11
Desenvolvemento
Realizaremos unha videoconferencia con Cesáreo, un dos poucos habitantes actuais da Illa de Ons. El explicaranos como é a vida na Illa, falaranos de cada un dos Bens que estamos investigando e resolverá calquera dúbida que teña o alumnado no referente a Ons.
Obxectivos
  • Desenvolver a actividade científica: procura, selección e comunicación de información. 
  • Desenvolver no alumnado o sentimento de vinculación e pertenza ao territorio.
  • Descubrir, valorar e fomentar a conservación dos bens patrimoniais e naturais do parque nacional da Illa de Ons
  • Manexar diversas ferramentas dixitais.
Temporalización
45 minutos
Materiais
Proxector, ordenador, pizarra dixital

Actividade 12 

Desenvolvemento
Os nenos e as nenas deberán resolver un cuestionario interactivo que preparamos para eles con preguntas referentes a todo o que levamos traballado e Cesáreo nos contou.
Obxectivos
Localizar e empregar a información obtida de distintas fontes e soportes.
Ler e comprender diversos textos relacionados coa temática. 
Manexar diversas ferramentas dixitais.
Temporalización
15 minutos
Materiais
Pizarra dixital, ordenador, cuestionario interactivo

A continuación encontraredes o cuestionario interactivo que se menciona na actividade 12:


Actividades - Sesión 4

A presente sesión está deseñada para o venres 8 de maio e componse de tres actividades. As dúas primeiras realizaranse en gran grupo, no recanto de asemblea, mentres que a terceira será de realización individual no lugar de traballo de cada alumno:

Actividade 8
Desenvolvemento
Empregando a aplicación Google Earth, viaxaremos ata a Illa para visualizar o faro máis de preto.
Obxectivos

  • Desenvolver no alumnado o sentimento de vinculación e pertenza ao territorio.
  • Descubrir, valorar e fomentar a conservación dos bens patrimoniais e naturais do parque nacional da Illa de Ons.
  • Exercitar a capacidade de observación e análise.
  • Manexar diversas ferramentas dixitais.
Temporalización
20 minutos
Materiais
Aplicación Google Earth, proxector, pizarra dixital, ordenador


Actividade 9 

Desenvolvemento
Tras ver o faro na actividade anterior, agora disporémonos en asemblea e falarémoslles ao alumnado sobre a historia deste faro e veremos tamén as súas partes mediante unha imaxe interactiva.
Obxectivos

  • Desenvolver a actividade científica: procura, selección e comunicación de información.
  • Desenvolver no alumnado o sentimento de vinculación e pertenza ao territorio.
  • Descubrir, valorar e fomentar a conservación dos bens patrimoniais e naturais do parque nacional da Illa de Ons.
  • Exercitar a capacidade de observación e análise.
  • Ler e comprender diversos textos relacionados coa temática.
  • Manexar diversas ferramentas dixitais.
Temporalización
45 minutos
Materiais
Proxecto, ordenador, imaxe interactiva



Actividade 10 
Desenvolvemento
Agora que xa coñecemos mellor o faro e as súas partes, imos elaborar a nosa propia maqueta dun. Para iso, as nenas e os nenos deberán recortar a forma do faro que lles daremos de antemán e logo decorala e montala con diversos materiais.
Obxectivos
  • Desenvolver no alumnado o sentimento de vinculación e pertenza ao territorio. 
  • Descubrir, valorar e fomentar a conservación dos bens patrimoniais e naturais do parque nacional da Illa de Ons.
  • Empregar as posibilidades que ofrece a expresión plástica para representar ideas, feitos e sentimentos.
Temporalización
1 hora
Materiais
Papel, tesoiras, pegamento, goma eva, papel maché, algodón, materiais reciclados

A continuación adxunto os materiais necesarios para a realización destas actividades: