miércoles, 29 de abril de 2020

Actividades - Sesión 5

Esta sesión está pensada para levarse a cabo o luns 11 de maio e consta de dúas actividades. Ambas actividades realizaranse de xeito grupal no recanto da asemblea:


Actividade 11
Desenvolvemento
Realizaremos unha videoconferencia con Cesáreo, un dos poucos habitantes actuais da Illa de Ons. El explicaranos como é a vida na Illa, falaranos de cada un dos Bens que estamos investigando e resolverá calquera dúbida que teña o alumnado no referente a Ons.
Obxectivos
  • Desenvolver a actividade científica: procura, selección e comunicación de información. 
  • Desenvolver no alumnado o sentimento de vinculación e pertenza ao territorio.
  • Descubrir, valorar e fomentar a conservación dos bens patrimoniais e naturais do parque nacional da Illa de Ons
  • Manexar diversas ferramentas dixitais.
Temporalización
45 minutos
Materiais
Proxector, ordenador, pizarra dixital

Actividade 12 

Desenvolvemento
Os nenos e as nenas deberán resolver un cuestionario interactivo que preparamos para eles con preguntas referentes a todo o que levamos traballado e Cesáreo nos contou.
Obxectivos
Localizar e empregar a información obtida de distintas fontes e soportes.
Ler e comprender diversos textos relacionados coa temática. 
Manexar diversas ferramentas dixitais.
Temporalización
15 minutos
Materiais
Pizarra dixital, ordenador, cuestionario interactivo

A continuación encontraredes o cuestionario interactivo que se menciona na actividade 12:


No hay comentarios:

Publicar un comentario