A presente sesión deseñouse para ser implementada o martes 12 de maio e consta de dúas actividades. Ambas as dúas serán en gran grupo, tendo lugar a primeira no recanto da asemblea e a segunda no recanto de creacións artísticas:
Actividade 15
Desenvolvemento
|
Explicarémoslle ó alumnado cal é a fauna que se atopa en Ons e tamén lla mostraremos para que vexan como é.
|
Obxectivos
|
- Desenvolver a actividade científica: procura, selección e comunicación de información.
- Desenvolver no alumnado o sentimento de vinculación e pertenza ao territorio.
- Descubrir, valorar e fomentar a conservación dos bens patrimoniais e naturais do parque nacional da Illa de Ons.
- Localizar e empregar a información obtida de distintas fontes e soportes.
- Exercitar a capacidade de observación e análise.
|
Temporalización
|
20 minutos
|
Materiais
|
ordenador, proxector, pizarra dixital.
|
Actividade 16
Desenvolvemento
|
Entre todos e todas faremos un mural e o encheremos pegándolle plantillas feitas sobre a flora da illa.
|
Obxectivos
|
- Desenvolver no alumnado o sentimento de vinculación e pertenza ao territorio.
- Descubrir, valorar e fomentar a conservación dos bens patrimoniais e naturais de parque nacional da Illa de Ons.
- Localizar e empregar a información obtida de distintas fontes e soportes.
- Empregar as posibilidades que ofrece a expresión plástica para representar ideas, feitos e sentimentos.
|
Temporalización
|
40 minutos
|
Materiais
|
plantillas da fauna, ceras, rotuladores, lápis de cores, velcro.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario