Agora que xa superastes esta gran aventura que supuxo explorar e coñecer a Illa de Ons, a nosa amiga Ondina, para dar a noraboa ós exploradores e agradecer a axuda que lle brindastes, preparou esta sorpresa para os máis pequenos e pequenas! 😮
Este diploma é para recoñecer o duro traballo de todo o alumnado durante o transcurso destas semanas. Podedes descargalo aquí, seguro que lles vai facer moitísima ilusión!!
E agora sí, chegou o momento de despedirnos, esperamos que o noso traballo vos servise de axuda ou inspiración para os vosos propios proxectos. Nos aprendemos moitas cousas novas durante a elaboración do proxecto e deste blog, tanto no referente as ciencias sociais, ó uso das TIC, e demáis competencias educativas, como sobre a historia e cultura da Illa.
Grazas unha vez máis por lernos e acompañarnos.
Ata a próxima! 😙


No hay comentarios:
Publicar un comentario