Bos días exploradores e exploradoras, aquí nos vemos unha semana máis!
Nesta última entrada mostrarémosvos a rúbrica que seguimos nós coma profesoras para avaliar ós máis pequenos e pequenas neste proxecto. Como poderedes observar a continuación, nela móstranse as actividades e comportamentos que eliximos para avaliar, os criterios que imos empregar segundo os progresos que realicen as nenas e os nenos na súa elaboración e por último o porcentaxe equivalente de cada unha na puntuación total. Se vos gusta, podédela descargar aquí!
Por outra banda, tamén elaboramos unha rúbrica a modo de ficha para que as crianzas nos avalíen a nós mesmas e as actividades realizadas. É moi fácil de empregar pois está deseñada para empregar o sistema de iconas que actualmente tódolos nenos e tódalas nenas coñecen e empregan a diario. Pódese descargar aquí.


No hay comentarios:
Publicar un comentario