Poboación da Illa de Ons:
A poboación desta illa foi bastante densa no pasado, hoxe en día podémonos encontrar con diferentes edificacions distribuidas pola parte oriental, a máis recollida, dende os páramos ata a costa.
A illa conta con 9 aldeas, formadas por pequenos núcleos de vivendas, coma no afastado barrio de Melide, onde nos atopamos só con 3 casas.
A distribución é a seguinte:
- O Curro: é a aldea máis poboada, está urbanizada e nela atópase o porto, os restaurantes e bares, a tenda e a igrexa.
- O Caño: é a continuación de O Curro, pola pista que sube ó faro.
- O Cucorno: é a aldea máis extensa e máis alta da illa, ocupa a falda do monte onde se atopa o faro.
- O Laverco: outra aldea alta, situada xunto a O Cucorno.
- O Centolo (o Sentulo): a máis septentrional de todas, con cinco casas situadas nunha zona bastante alta.
- Melide: tres casas que están de camiño ó faro, moi preto de O Centolo.
- O Chan da Pólvora: media docea de casas un pouco afastadas da pista que sobe ao faro. Aquí é onde se ubica o camping da illa.
- Canexol: situada na ribera do mar, cara ó sur da illa, onde se atopaba o cemiterio.
- Pereiró: é a máis meridional da illa e tamén das más grandes.
Flora e fauna na Illa de Ons:
A flora da illa de Ons é, sobre todo, matorral: brezos, endrinos, helechos, hiniestas, retama (Cytisus insularis) e toxos. A vexetación arbórea redúcese a sauces e alisos nos pequenos cursos de auga, e en menor medida a exemplares de eucalipto, pino e roble meloxo. Ons actualmente está deforestada, pero no pasado estaba cuberta de especies autóctonas, coma o rebolo (Quercus pyrenaica), o alcornoque ou a camariña (Corema album) nos areais.
Tanto nesta illa coma na de Sálvora existe unha “xesta” ou retama endémica, a “xesta de Ons”. Os seus talos e ramas preséntanse máis erguidos e ríxidos e as súas follas son unifoliadas cos frutos aplanados e un maior número de sementes por fruto. Atópase en peligro de extinción xa que só se dan nestas dúas illas.
A fauna mariña é o mellor representado no parque. Nas zonas rochosas encontramos organismos como: percebes, lapas, mexilóns, bellotas de mar, etc. Na franxa mareal existen ourizos de mar, anémonas, bígaros, cangrexos, gobios ou polbos. Nos fondos areosos atopámonos con: navallas, berberechos, almexas, rodaballo, a sepia ou o cangrexo ermitaño. A abundancia de organismos mariños sustenta poboacións nidificantes de aves mariñas coma as de gaivota patiamarela e cormorán moñudo, que constitúen importantes colonias a nivel mundial e, en menor medida, a gaivota sombría e paíño europeo. Tamén aproveitan estes recursos aves invernantes ou en paso migratorio coma o cormorán grande, alcatraz, pardela balear, alca común e arao común. Nas zonas de menor influencia mariña habitan aves coma o halcón peregrino, anfibios coma a salamandra, reptís coma o eslizón de cinco dedos, ou insectos como a escasa mariposa arlequín.
E isto é todo no referente á contextualización histórica. A continuación deixamos a bibliografía e a webgrafía consultada. Na seguinte publicación seguiremos coa contextualización xeográfica. Lémonos!
Bibliografía e webgrafía:
- ALFONSO, Carmen (2002). Parque Nacional de las Islas Atlánticas de Galicia: la fuerza del mar. Ambienta: La revista del Ministerio de Medio Ambiente, ISSN 1577-9491, Nº. 14, págs. 6-14. Recuperado de https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=645935
- Camping Isla de Ons - Islas Atlánticas de Galicia. Recuperado de https://www.campingisladeons.com
- FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA, Estanislao (1991). Illas de Galicia. Cíes, Ons, Sálvora, Tambo, San Simón e Cortegada. Vigo. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-582-7
- GOBERNO DE ESPAÑA. Red de parques nacionais. Recuperado de http://www.mapama.gob.es/es/red-parques-nacionales/nuestros-parques/islas-atlanticas/
- Illas Ons. En Wikipedia. Recuperado 21 de abril de 2020, de https://es.wikipedia.org/wiki/Ons
- MINISTERIO DE AGRICULTURA Y PESCA, ALIMENTACIÓN Y MEDIOAMBIENTE. Illas Atlánticas de Galicia: Historia. Recuperado de http://www.mapama.gob.es/gl/red-parques-nacionales/nuestros-parques/islas-atlanticas/historia/default.aspx
- MÖRLING, Staffan; OTERO PATIÑO, Josefa; MÖRLING, Mikael. A Illa de Ons, unha cultura, unha identidade, Xunta de Galicia.
- Parque Nacional das Illas Atlánticas. En Wikipedia. Recuperado 21 de abril de 2020, de https://es.wikipedia.org/wiki/Parque_nacional_de_las_Islas_Atl%C3%A1nticas_de_Galicia#Archipi.C3.A9lagos_e_islas_integrantes
- SAN CLAUDIO SANTA CRUZ, Miguel. Medio Cultural submarino. En el parque nacional de las islas atlánticas de Galicia. Recuperado de http://www.archeonauta.com/archeonauta/Documentacion_files/Medio%20cultural%20submarino%20en%20el%20Parque%20Nacional%20de%20las%20Islas%20Atlanticas%20de%20Galicia.pdf
- Vídeo da Illa de Ons: “Fóra do Continente” (https://vimeo.com/100797800)
- XUNTA DE GALICIA, Consellería do medio rural. Historia das illas atlánticas, Recuperado de http://www.parquenacionalillasatlanticas.com/documentos/historia_pnmtiag09.pdf
No hay comentarios:
Publicar un comentario