martes, 21 de abril de 2020

Contextualización Xeográfica

Ola de novo exploradoras e exploradores!
Tras falarvos un pouco da historia de Ons, agora imos presentarvos algúns aspectos xeográficos da zona.
Para que vos poidades orientar mellor, a continuación adxuntamos un mapa interactivo da Illa no que poderedes ver unha ruta feita por nos, onde destacamos o noso ben patrimonial de interense principal, así como outros bens que nos parecen interesantes e de visita prácticamente obrigada.
Pois aínda que a Illa en conxunto foi a nosa elección, dentro dela atopámonos con diversos elementos de interese e entre todos eles destacamos o Faro como o principal, pois consideramos que é o que se conserva en mellor estado e poderá ser máis visual e entendible á hora de traballar coas cativas e cos cativos.



A continuacion, explicámosvos como empregar o noso mapa interactivo para sacarlle o máximo proveito e acceder a tódala información que contén:

Para acercar o mapa ou velo máis de lonxe podedes empregar os botóns situados na parte inferior esquerda. O + permite acercalo e o - serve para alonxalo.

No tocante ás cores, presentamos a seguinte clasificación:
  • Cor amarela: o muelle, que será o punto de partida e chegada da nosa ruta. 
  • Cor violeta: os bens de interese situados na cara norte da Illa 
  • Cor verde: os bens de interese situados na cara sur de Ons  
  • Cor vermella: o faro, pois é o noso ben de interese principal 
E por último, se facedes click co rato sobre o símbolo de cada un dos bens, abrirase unha pequena ventá na que poderedes ver unha foto do ben xunto con información de interese como onde se ubica, de que tipo é ou a súa cronoloxía.

Agora que o emprego do mapa xa vos é máis sinxelo, presentámosvos o noso itinerario de ruta:  Comezamos no muelle e de aí partimos cara a Laxe do Crego, o Xacemento de Canexol, e por último o Castelo da Roda. Todos eles situados na zona norte da Illa.
Continuamos pois, camiñando cara o lado sur de Ons, onde a nosa ruta pasa polo Burato do Inferno, o castro de Castelo dos Mouros e o Petroglifo de Chan da Pólvora ata chagar finalmente ao Faro da Illa, o cal sería o noso destino principal. Do faro, tornaremos ó muelle pola zona norte, dando así unha volta completa pola Illa de Ons.

Dito isto, despedímonos ata a próxima semana, esperamos que a información dada fose do voso interese e vos gustase moito. Grazas por visitarnos e ante calquera dúbida podedes deixarnos un comentario.
Lémonos!



No hay comentarios:

Publicar un comentario