miércoles, 29 de abril de 2020

Introducción das sesións e das actividades

Boas tardes a todos os exploradores e a todas as exploradoras!
Nas seguintes entradas imos contarvos como estructuramos as nosas sesións para a realización das actividades do noso proxecto. E para iso imos presentarvos a unha compañeira que nos vai axudar durante este proceso lúdico de aprendizaxe.
Ela é outra exploradora máis a que lle gustan moito moito as Illas Ons. O seu nome é Ondina, e provén da criatura mitolóxica escandinava metade muller e metade pez. Ondina é o nome dunha ninfa acuática de gran beleza que habitaba nos ríos e lagos.


A temporalización destas actividades está planificada para realizarse en dúas semanas, facendo catro sesións de actividades por semana (oito en total):


TEMPORALIZACIÓN DAS SESIÓNS
Luns 4 de maio
Sesión 1
Actividade 1. Presentación de Ondina.
Actividade 2. Conto sobre Ons.
Actividade 3. Ordear escenas do conto.
Martes 5 de maio
Sesión 2
Actividade 4. Visita a Ons con Google Maps. Búsqueda autónoma que se porá en común na seguinte sesión.
Actividade 5. Debuxo do mapa e do ben que máis lles gustou.
Xoves 7 de maio
Sesión 3
Actividade 6. Recollemos a información obtida na casa.
Actividade 7. Teatro de sombra coa información que temos.
Venres 8 de maio
Sesión 4
Actividade 8. Visita a Ons con Google Earth para ver o faro.
Actividade 9. Explicación da historia do faro e das súas partes.
Actividade 10. Maqueta dun faro con papel.
Luns 11 de maio
Sesión 5
Actividade 11. Videoconferencia con Cesáreo.
Actividade 12. Cuestionario.
Martes 12 de maio
Sesión 6
Actividade 13. Explicación da flora de Ons.
Actividade 14. Mural para situar a flora.
Xoves 14 de maio
Sesión 7
Actividade 15. Explicación da fauna de Ons.
Actividade 16. Situar a fauna no mural anterior.
Venres 15 de maio
Sesión 8
Actividade 17. Visita guiada á Illa de Ons.
Actividade 18. Cuestionario final. Avaliación.

Nas seguintes entradas, profundizaremos nas distintas sesións e actividades. Lémonos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario