miércoles, 29 de abril de 2020

Actividades - Sesión 1

Esta sesión está deseñada para levarse a cabo o luns 4 de maio e componse de tres actividades. As dúas primeiras serán de realización grupal e desenvolveranse no lugar de asemblea, mentres que a terceira será individual e os nenos e nenas sentaranse no seu lugar de traballo:

Actividade 1
Desenvolvemento
Realizamos unha asemblea na que lle presentamos ao alumnado a Ondina, unha exploradora que nos acompañará na aventura por Ons. Esta rapaza envía ao noso colexio unha carta en busca de axuda e pídenos que investiguemos a Illa de Ons con ela.
Obxectivos
  • Desenvolver no alumnado o sentimento de vinculación e pertenza ao territorio.
  • Localizar e empregar a información obtida de distintas fontes e soportes.
Temporalización
30 minutos
Materiais
Proxector, pizarra dixital 

Actividade 2
Desenvolvemento
Proxectamos ás nenas e ós nenos o Conto da Illa de Ons que Ondina nos recomenda. Foi mediante este conto que ela descubriu a Illa e invítanos a lelo.
Obxectivos
  • Desenvolver no alumnado o sentimento de vinculación e pertenza ao territorio.
  • Localizar e empregar a información obtida de distintas fontes e soportes.
  • Ler e comprender diversos textos relacionados coa temática.
  • Manexar diversas ferramentas dixitais.
Temporalización
15 minutos
Materiais
Videoconto, proxector, pizarra dixital

Actividade 3
Desenvolvemento
Tras ver o conto sobre Ons, imos facer unha actividade consistente en ordear cronolóxicamente diversas esceas da historia. Darémoslles unhas imaxes que deberán recortar e logo pegar nun folio de forma ordeada.
Obxectivos


  • Desenvolver a actividade científica: procura, selección e comunicación de información.
  • Desenvolver no alumnado o sentimento de vinculación e pertenza ao territorio.
  • Empregar as posibilidades que ofrece a expresión plástica para representar ideas, feitos e sentimentos.
  • Ler e comprender diversos textos relacionados coa temática. 
  • Comprender o concepto de orde temporal
Temporalización
30 minutos
Materiais
Imaxes do conto, papel, tesoiras, pegamento



A continuación deixovos os materiais necesarios para que poidades realizar tódalas actividades:



 - Videoconto: 

 



- Ficha de orde cronolóxico: Descargar 

 Descargar ficha 

No hay comentarios:

Publicar un comentario