miércoles, 29 de abril de 2020

Actividades - Sesión 4

A presente sesión está deseñada para o venres 8 de maio e componse de tres actividades. As dúas primeiras realizaranse en gran grupo, no recanto de asemblea, mentres que a terceira será de realización individual no lugar de traballo de cada alumno:

Actividade 8
Desenvolvemento
Empregando a aplicación Google Earth, viaxaremos ata a Illa para visualizar o faro máis de preto.
Obxectivos

  • Desenvolver no alumnado o sentimento de vinculación e pertenza ao territorio.
  • Descubrir, valorar e fomentar a conservación dos bens patrimoniais e naturais do parque nacional da Illa de Ons.
  • Exercitar a capacidade de observación e análise.
  • Manexar diversas ferramentas dixitais.
Temporalización
20 minutos
Materiais
Aplicación Google Earth, proxector, pizarra dixital, ordenador


Actividade 9 

Desenvolvemento
Tras ver o faro na actividade anterior, agora disporémonos en asemblea e falarémoslles ao alumnado sobre a historia deste faro e veremos tamén as súas partes mediante unha imaxe interactiva.
Obxectivos

  • Desenvolver a actividade científica: procura, selección e comunicación de información.
  • Desenvolver no alumnado o sentimento de vinculación e pertenza ao territorio.
  • Descubrir, valorar e fomentar a conservación dos bens patrimoniais e naturais do parque nacional da Illa de Ons.
  • Exercitar a capacidade de observación e análise.
  • Ler e comprender diversos textos relacionados coa temática.
  • Manexar diversas ferramentas dixitais.
Temporalización
45 minutos
Materiais
Proxecto, ordenador, imaxe interactiva



Actividade 10 
Desenvolvemento
Agora que xa coñecemos mellor o faro e as súas partes, imos elaborar a nosa propia maqueta dun. Para iso, as nenas e os nenos deberán recortar a forma do faro que lles daremos de antemán e logo decorala e montala con diversos materiais.
Obxectivos
  • Desenvolver no alumnado o sentimento de vinculación e pertenza ao territorio. 
  • Descubrir, valorar e fomentar a conservación dos bens patrimoniais e naturais do parque nacional da Illa de Ons.
  • Empregar as posibilidades que ofrece a expresión plástica para representar ideas, feitos e sentimentos.
Temporalización
1 hora
Materiais
Papel, tesoiras, pegamento, goma eva, papel maché, algodón, materiais reciclados

A continuación adxunto os materiais necesarios para a realización destas actividades:



No hay comentarios:

Publicar un comentario