martes, 14 de abril de 2020

Benvidas e benvidos!

Ola! Este blog está dirixido por dúas alumnas de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo. Nós somos Alessandra Bispo e Judit Cerviño e convidámosvos a todos e todas os que queirades a participar no noso proxecto de aula para aprender máis sobre a Illa de Ons. 
A Illa de Ons forma parte dun pequeno arquipélago formado por illas e illotes que se atopa na entrada da ría de Pontevedra. É a illa máis extensa do Atlántico peninsular. Unha das súas zonas (a zona occidental) é a máis escarpada, con abruptos cantís; pola contra, a outra zona (zona oriental) é máis suave e conta con numerosas praias.
Pola súa riqueza natural e paisaxística, esta illa é una das compoñentes, xunto ás Cíes, Sálvora e Cortegada, do primeiro Parque Nacional de Galicia. Ons tamén posúe características sociais, históricas e etnográficas, que xunto coa súa arquitectura popular mariñeira e a súa excelente gastronomía, convértena na illa máis interesante do parque nacional. 
Decidimos elixir este ben patrimonal para traballar cos nenos e nenas pola súa historia, polas súas rutas para coñecer a illa e pola diversidade que ten respecto á flora e á fauna. Pareceunos interesante que os máis pequenos e pequenas tiveran coñecemento sobre este ben que teñen tan preto da casa, e que a maoría coñece ou escoitou falar del pero non todos e todas tiveron o pracer de coñecelo físicamente.
Esta unidade está adicada ó alumnado de 5 anos (6º de educación infantil).
Isto é todo polo de agora! Na próxima entrada podedes revisar cales son os obxectivos xenéricos do noso traballo e os obxectivos específicos que queremos transmitir con este proxecto.
Un saúdo! Lémonos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario