martes, 14 de abril de 2020

Que queremos conseguir...

Boas exploradoras e exploradores! 
Agora que xa nos coñecedes un pouco mellor, tanto a nos as dúas como ao noso proxecto, imos empregar esta nova entrada para expoñer qué pretendemos conseguir mediante a elaboración deste blog. Para iso, a continuación redactamos unha serie de obxectivos que nos serviron como base para concretar as tarefas, os recursos a empregar e a avaliación.
Imos comezar cos obxectivos xenéricos, os cales se rixen polo currículo da Educación Infantil e que separamos segundo a área de pertenza: 

Área: coñecemento de sí mesmo e autonomía persoal.
  • Adecuar o propio comportamento ás necesidades e requerimentos das outras persoas, desenvolvendo actitudes e hábitos de respeto, axuda e colaboración e evitando a adopción de comportamentos de sumisión ou de dominio.
  • Progresar na adquisición de hábitos de orden, constancia e planificación no desenvolvemento das tarefas.
  • Mostrar unha actitude de aceptación e respeto polas diferenzas individuais: idade, sexo, etnia, cultura, personalidade, características físicas…

Área: coñecemento do contorno.
  • Observar os cambios e modificacións aos que están sometidos os elementos do contorno e relacionalos cos factores que os producen, desenvolvendo actitudes de coidado, respeto e corresponsabilidade na sua conservación.
  • Iniciarse na formulación de hipóteses, buscando respostas e explicacións, para anticipar probables efectos que poidan producirse a consecuencia de situacións da vida diaria e dalguns experimentos realizados.
  • Establecer relacións de confianza, afecto, colaboración, comprensión e pertenza baseadas no respeto ás persoas, ás normas e valores da sociedade á que pertencen.

Área: linguaxes: comunicación e representación.
  • Empregar as diversas linguaxes como instrumentos de comunicación, de expresión de ideas e sentimentos, de representación, de aprendizaxe e desfrute.
  • Potenciar a capacidade creativa a través das linguaxes artísticas para imaxinar, inventar, transformar… desde as suas ideas, sentimentos, experiencias, coñecementos… 
  • Achegarse ao coñecemento, emprego e valoración das TIC -ordenadores, internet, escáner, vídeo…- como ferramentas de búsqueda de información, creación, expresión e comunicación.

No tocante aos obxectivos específicos, pretendemos acadar os seguintes:
  • Desenvolver a actividade científica: procura, selección e comunicación de información. 
  • Desenvolver no alumnado o sentimento de vinculación e pertenza ao territorio.
  • Descubrir, valorar e fomentar a conservación dos bens patrimoniais e naturais do parque nacional da Illa de Ons.
  • Localizar e empregar a información obtida de distintas fontes e soportes.
  • Exercitar a capacidade de observación e análise.
  • Empregar as posibilidades que ofrece a expresión plástica para representar ideas, feitos e sentimentos. 
  • Empregar as posibilidades que ofrece a expresión corporal para representar ideas, feitos e sentimentos
  • Ler e comprender diversos textos relacionados coa temática. 
  • Manexar diversas ferramentas dixitais.
  • Comprender o concepto de orde temporal. 

Isto é todo por hoxe, esperamos que nos acompañedes na nosa aventura.
Lémonos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario